Ferrovial levou a cabo a mellora da iluminación na subida ao Seminario Menor desde o parque de Belvís, en Santiago de Compostela. Este proxecto permitiu reforzar a seguridade e a visibilidade neste tramo urbano, especialmente transitado por peóns, mediante a instalación de luminarias reaproveitadas doutras zonas da cidade.
A intervención desenvolveuse baixo criterios de economía circular, reutilizando os puntos de luz retirados das rúas Patio de Madres e Castrón Douro, onde existía un exceso de iluminación. Estas luminarias foron revisadas, reparadas e restauradas antes da súa reinstalación na subida ao Seminario Menor, optimizando así os recursos municipais e reducindo a xeración de residuos.
Con esta actuación, Ferrovial contribúe a mellorar a eficiencia do alumeado público e a promover a sustentabilidade urbana, ao tempo que garante unha iluminación máis uniforme e segura para a veciñanza e visitantes que transitan entre o parque de Belvís e o Seminario Menor.
O proxecto enmárcase nas accións municipais para modernizar e racionalizar a rede de alumeado público de Santiago de Compostela, apostando por solucións responsables e respectuosas coa contorna

