Skip links
Nova iluminación para a escultura A Man no parque de Belvís

Nova iluminación para a escultura A Man no parque de Belvís

No marco das actuacións de mellora e mantemento do alumeado público de Santiago de Compostela, realizouse recentemente a reparación da iluminación da escultura A Man, do artista Juan Pablo Venditti, situada no parque de Belvís.

Este elemento escultórico, moi apreciado polos composteláns e visitantes, recupera así a súa iluminación ornamental, reforzando o valor artístico e paisaxístico desta zona verde tan emblemática da cidade.

Para levar a cabo a reparación foi necesario desenvolver un deseño de luminarias a medida, xa que non existía no mercado un substituto directo adecuado. Optouse por un sistema LED retrofit, especialmente adaptado e pintado na mesma cor da escultura, para garantir unha integración visual perfecta co conxunto.

Nestes días estanse a realizar probas de luminosidade, co obxectivo de comprobar que o novo sistema de iluminación encaixa en ton e intensidade co resto do alumeado do parque, mantendo a harmonía luminosa e estética do espazo.

Esta intervención en A Man enmárcase no compromiso de Ferrovial co mantemento sostible e coidado do patrimonio urbano, procurando unha cidade máis eficiente, segura e respectuosa coa súa contorna.