Skip links

Economía circular na xestión dos equipos de iluminación

Como facer que o alumeado público sexa sostible tamén no ciclo de vida dos equipos

A transición enerxética non debe limitarse só á eficiencia e ao aforro eléctrico: tamén é clave considerar o ciclo de vida dos equipos, dende a súa fabricación ata o seu desmantelamento ou reciclaxe. A adopción dun modelo de economía circular na xestión do alumeado público permite reducir residuos, aproveitar materiais, prolongar a vida útil dos equipos e minimizar o impacto ambiental dos recambios.

Para municipios e contratos de servizos públicos isto significa non só un consumo eficiente, senón unha xestión responsable e sostible dos recursos materiais.

Principios clave para unha iluminación circular

Estes principios son fundamentais para reducir o impacto ambiental da iluminación pública:

  • Ecodeseño e modularidade: as luminarias deben estar deseñadas para ser reparadas, actualizadas e reutilizadas. Compoñentes como módulos LED, drivers ou ópticas substituíbeis permiten estender a vida útil sen ter que descartar todo o equipo.

  • Reciclabilidade e reuso de materiais: ao final da vida útil, os materiais (aluminios, vidro, plásticos, compoñentes eléctricos) deben poder reciclarse ou reutilizarse, diminuíndo residuos e reducindo a necesidade de materias primas novas.

  • Mantemento e reparación como parte do ciclo: non tratar as luminarias como obxectos de “usar e tirar”, senón promover a reparación e substitución de partes, facilita unha xestión máis eficiente e menos contaminante.

Que pode facer un Concello para implementar economía circular no alumeado

Para que un servizo de alumeado público aproveite plenamente os beneficios da economía circular, hai algunhas accións recomendables. En primeiro lugar, débense priorizar aquelas luminarias deseñadas con criterios de ecodeseño, é dicir, modulares, reparables e reciclables. Tamén se recomenda establecer contratos de mantemento que inclúan a reparación e substitución de compoñentes, así como garantir que ao final da vida útil os equipamentos sexan recollidos e reciclados por empresas especializadas, cumprindo coas normativas ambientais e aproveitando materiais reutilizables. Por último, tamén é recomendable fomentar a transparencia e a rendición de contas, de xeito que a cidadanía esté informada de que os equipos non só aforran enerxía, senón que tamén están xestionadas de forma sostible, minimizando residuos.

Adoptar un modelo circular na xestión do alumeado público conleva vantaxes claras, como, por exemplo, a redución de residuos eléctricos e de materias peligrosos, un menor consumo de materias primas e menos pegada ambiental durante a fabricación, e inclusive un aforro a medio e longo prazo para os concellos, non só en electricidade, senón tamén en manutención, reposición e xestión de residuos. Ademais, o emprego deste modelo prolongará a vida útil dos equipos, facendo máis eficiente e inversión  pública e contribuindo a un modelo urbano máis sostible de xeito xeral, respectando o medioambiente, que pode servir de exemplo para cidadáns e outras administracións.