
Santiago, máis iluminado, máis sostible
Novo contrato de subministración e mantemento do alumeado público exterior do Concello de Santiago de Compostela
Tecnoloxía LED
100% enerxía renovable
Aforro enerxético de case o 70%
Luz nova para unha cidade máis sostible.
Desde o Concello de Santiago de Compostela, a través do contrato coa UTE formada por Ferrovial e Endesa X, traballamos para ter unha cidade cunha iluminación responsable, innovadora e segura. A nova iluminación da cidade é máis eficiente e sostible, tras a instalación de 25.000 luminarias LED novas no termo municipal. O contrato ten unha duración de 10 anos e prevé unha actuación global sobre o alumeado exterior municipal, incluindo tanto a renovación das instalacións realizada como os servizos de mantemento e subministro de enerxía.

Ámbitos de actuación:
Subministración e xestión da enerxía
Mantemento das instalacións
Garantía total
Renovación das instalacións
Oficina de control independente
Aviso de incidencias ou avarías
Se detectas algunha incidencia ou avaría no alumeado público, podes contactar cos responsables do contrato a través deste formulario.





